Nilüfer Yanya

LUGAR

Próximamente

CANDO

Próximamente

ACCESO CON

ABONO

Biografía

Con pouco máis de vinte anos, esta inglesa de ascendencia turca, irlandesa e  sajona deuse a coñecer en maio de 2016 cunha delicada versión de ‘Hey’ dos  Pixies e, tras tres epés editados polo famoso selo indie londiniense Blue Flowers, asinou co selo independente de Nova York ATO co que publicou ‘Miss Universe’, o seu  LP debut.

Nilüfer creceu escoitando a  Nina Simone, Amy Winehouse e os Pixies e estas influencias están tremendamente presentes na súa música, que combina de maneira única o seu persoal timbre de voz con elementos herdados do soul e do jazz, dando como resultado cancións pop xenuínas, íntimas e con adornos electrónicos e un son de guitarra  grunge adaptado á música de hoxe en día.

O disco, pola súa banda, é unha coprodución a medias entre Dave Okumu de The Invisible e os seus compañeiros de banda, Jazzi Bobbi e Luke Bower, e os produtores John Congleton,  Oli  Barton-Wood, Will Archer e  M. T.  Hadley. Autora, ata a data, dun puñado de epés altamente recomendables, Yanya tamén lanzou en novembro ‘ Heavyweight  Champion  of  the  Year‘, un sinxelo de corte máis  vaporoso pero de igual intensidade que o que nos ocupa, o cal foi acompañado por un fantástico visual de ENERGYFORCE, colectivo creativo co que a artista adoita colaborar.

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X