Manel

LUGAR

Próximamente

CANDO

Próximamente

ACCESO CON

ABONO

Biografía

Dous anos despois de pechar en Manila (Filipinas) o longo centenar de concertos co seu anterior traballo, Manel regresan co álbum máis sorprendente, artisticamente ambicioso e radicalmente contemporáneo de toda a súa carreira. Dicir que ‘Per la bona gent’ empeza onde acaba o anterior é quedar moi, moi curto. Aínda que os nove épicos minutos de ‘Jo  competeixo’ facíannos prever un futuro asollado de hip-hop e electrónica, nada nos preparou para o que o cuarteto barcelonés logra no seu quinto disco, o primeiro no seu propio selo (Ceràmiques Guzmán) e o segundo xunto ao produtor estadounidense Jake  Aron.  
En corenta e cinco minutos, Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé, ensínannos que é -ou mellor, que debería ser- o pop hoxe en día. Manel interveñen decisivamente o presente da música urbana sen abdicar dos seus principios: a canción como vehículo de historias e xerador de emocións. E todos coincidirán en que non hai mellor homenaxe ao oficio creativo –  leitmotiv non tan subterráneo- e á “xente boa” que un son persoal, intransferible,  inimitable e sen equivalente posible.

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X