PREGUNTAS FRECUENTES

Festival 17º Ribeira Sacra 2018

¿Que é o Festival 17º Ribeira Sacra?

O 17º Ribeira Sacra é unha experiencia arredor da música en directo, o viño, a gastronomía e o patrimonio. Un proxecto único vinculado ao entorno no que se desenvolve, que celebra a súa segunda edición dende o 27 de xullo ao 5 de agosto de 2018, dividido en dúas fins de semana:

17º Paisaxe (27, 28 e 29 de xullo de 2018): experiencias musicais para sentir un territorio.

17º Patrimonio (4 e 5 de agosto de 2018): directos exclusivos en espazos patrimoniais.

¿Quen organiza o Festival 17º Ribeira Sacra?
i-Radia Crea é a empresa promotora de 17º Ribeira Sacra, que conta con apoio institucional e privado. Podes consultar os patrocinios e colaboracións do festival aquí.
¿Onde se celebra?
O Festival 17º Ribeira Sacra celébrase en varios municipios da Ribeira Sacra das provincias de Lugo e Ourense. Consulta aquí todos os espazos que acollen os directos do festival.
¿Como chegar?

Na web do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra poderás atopar a mellor maneira de achegarte: http://turismo.ribeirasacra.org 

¿Como podo adquirir o meu abono para o Festival 17º Ribeira Sacra?

Podes dirixirte á sección “Entradas” desta web, ou entrar en Ataquilla.

Existe a posibilidade de adquirir abonos ou entradas individuais para os distintos concertos.

¡Non quedes sen o teu pase para os nosos directos exclusivos!

¿Podo adquirir entradas individuais para os distintos concertos?

¡Si! Podes dirixirte á sección “Entradas” desta web, ou entrar en a Ataquilla. 

Existe a posibilidade de adquirir abonos ou entradas individuais para os distintos concertos.

¡Non quedes sen o teu pase para os nosos directos exclusivos!

¿Que non inclúe o abono 17º Paisaxe?

O abono non inclúe o Bus 17º Paisaxe, nin os concertos no Catamarán de Doade, que terán lugar o venres 27 e o sábado 28 de xullo; esas estradas adquiriranse de xeito independiente. Terán lugar actividades paralelas, que podes consultar na sección Actividades paralelas desta web.

¿Organizaranse outras actividades, ademais dos concertos?
¡Si! Podes consultalas na sección “Actividades paralelas” desta web.
¿Podo cambiar abonos ou entradas?
Unha vez adquiridos, non se cambian abonos ou entradas, nin se devolve o importe. Excepto no caso de cancelación ou cambio de data por parte da organización, a adquisición dos abonos e entradas é en firme.
¿Como me movo entre as distintas localizacións do Festival?

Unha das singularidades do Festival 17º Ribeira Sacra é o feito de estar localizado en diferentes escenarios. Neste plano pódense ver as distancias entre os diferentes “puntos quentes” do festival. Podes descargarte aquí o mapa cos horarios de 17º Paisaxe, e podes descargar os correspondentes a 17º Patrimonio aquíNa pregunta “Existe servizo de transporte no Festival?” atoparás máis información sobre o noso plan de mobilidade.

¿Como será a oferta gastronómica de 17º Ribeira Sacra?

Podes consultala na sección Actividades paralelas desta web, que imos actualizando frecuentemente.

¿O festival conta con zona de acampada?
Si! Ademais unha xenial 🙂

Está localizada aquí, e ten árbores, sombra, piscina, duchas… de todo para vivir (tamén) os momentos pre-post-entre concertos.

É gratuíta para Abonados 17º Paisaxe e debe reservarse escribindo a info@festivalribeirasacra.com (prazas limitadas – data límite para inscricións: mércores 25 de xullo).

¿Onde podo durmir cando asista ó Festival?

Podes visitar a web de Turismo Ribeira Sacra para consultar as distintas posibilidades de aloxamento na zona ou, se es Abonado 17º Paisaxe, utilizar a nosa zona de acampada, sobre a que atoparás información na pregunta “O festival conta con zona de acampada?“.

¿Que debo ter en conta no acceso aos diferentes recintos do Festival 17º Ribeira Sacra?
Levar a túa entrada ou pulseira de abono, non levantar a voz nin molestar ao resto das persoas, non portar envases de vidro e bebidas alcohólicas e respectar o espectacular entorno das actividades do Festival 17º Ribeira Sacra. A estas alturas non debería ser necesario, pero… por onde pases, non ensucies. Non podemos prohibir fumar ao aire libre, pero agradecémosche moito que non tires as cabichas ó chan. A Ribeira Sacra é unha das xoias da Galicia interior, coidémola e respectémola.
¿Os menores de 16 anos poden acceder?

Si, acompañados dunha persoa adulta: pai, nai ou titor legal, que debe descargar, asinar e traer consigo a autorización que indicamos a continuación:

Consulta a política de menores aquí

Descarga autorización acceso menores aquí

No caso de que o menor acuda cunha persoa adulta que non teña ese parentesco, esta debe ter 25 anos mínimo e, ademais da autorización firmada polo pai, nai ou titor legal, debe traer fotocopia do DNI de quen asina.

¿É o Festival 17º Ribeira Sacra accesible para persoas de mobilidade reducida?
Os recintos do Festival son accesibles para persoas de mobilidade reducida, sen embargo, pode haber dificultades no acceso ao concerto que terá lugar no Parador de Santo Estevo (Sábado 4 de agosto, 13:30h), debido ás características do espazo e do percorrido ata chegar ao mesmo. Non dubidedes en consultarnos se precisades máis información.
¿Existe servizo de transporte no Festival?

Si, a fin de semana 17º Paisaxe contará cun servizo de autobús que conectará os distintos espazos. Se tes o teu abono, queres esquecerte do coche e vivir a #Experiencia17° sen preocupacións, levámoste! Ademais, colaboras a reducir o impacto medioambiental nunha zona natural única, dentro dun festival no que a sustentabilidade e o respecto pola contorna son importantes. O venres 27/07 e o sábado 28/07, os autobuses terán o seu punto de partida en Monforte, o domingo 29/07, en Chantada. Acceso á venda aquíAcceso a horarios aquí.

  • DATA TOPE PARA INSCRIPCIÓNSmartes 24 de xullo, 12:00h

En canto á fin de semana 17º Patrimonio, os seus abonados terán tamén un autobús a súa disposición o sábado 04/08. Terá o seu punto de partida en Ourense, e pode adquirirse aquí.

Acceso a horarios aquí.

  • DATA TOPE PARA INSCRIPCIÓNS: venres 3 de agosto, 12:00h

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X