O FESTIVAL

Festival 17º Ribeira Sacra 2018

O Festival 17° Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición e amplía a programación a dúas fins de semana: 17° PAISAXE, do 27 ao 29 de xullo de 2018, e 17º PATRIMONIO, 4 e 5 de agosto.

Regresa unha das citas musicais máis exclusivas do calendario estival que ten lugar nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra, considerada un dos secretos mellor gardados da Galicia interior.
Tras o éxito da primeira edición, o Festival 17° Ribeira Sacra medra en 2018 con máis días, máis música, máis actividades e novos escenarios vinculados á riqueza natural e patrimonial do horizonte galego. O seu programa reunirá de novo concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e bodegas, visitas guiadas, roteiros, cociña de autor e moitas outras sorpresas.

O Festival 17º Ribeira Sacra concéntrase en dúas fins de semana:

Do 27 ao 29 de xulio

Experiencias musicais para sentir un territorio
Ver bandas e artistas

Do 4 ao 5 de agosto

Directos exclusivos en espazos patrimoniais
Ver bandas e artistas

[Música, Viño, Gastronomía, Patrimonio]

# catas, cociña de autor, roteiros, música nos miradoiros, concertos no catamarán, artesanía vitícola, visitas guiadas #

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X