fbpx

17º Festival Ribeira Sacra

17 GRAOS RIBEIRA SACRA. UN FESTIVAL PARA UN TERRITORIO

26 | 27 | 28 DE XULLO DE 2024

festival-ribeira-sacra
sostenibilidad-festival-ribeira-sacra

O NOSO DECÁLOGO DE SUSTENTABILIDADE

1.- MOBILIDADE SOSTIBLE E ACCESIBLE . Fomentamos o uso do transporte colectivo e accesible. Aplicamos unha política de accesibilidade a todos os espazos e servizos ao longo do festival.

2.- PRODUTOS DE PROXIMIDADE . Proposta gastronómica feita con produtos locais e de tempada, contamos con provedores locais e coa implicación das propias adegas onde se desenvolve a festa.

3.- RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS . Contamos con diferentes illas de recollida selectiva de lixo, tanto a nivel público como en todo o proceso de produción do evento.

4.- EMPREGO DE MATERIAIS BIODEGRADABLES E NOBRES. Incluímos en toda a proposta escenográfica a presenza de madeira de bosques sostibles con certificación FSC e PEFC. O mobiliario utilizado en cada edición do festival é reutilizado, garantindo unha duración moi longa de todos os elementos.

5.- IGUALDADE DE XÉNERO. Equidade nos equipos de produción e no cartel artístico, empregamos unha linguaxe inclusiva en todas as nosas comunicacións.

6.- INTEGRACIÓN DO TERRITORIO. Respecto pola identidade e a idiosincrasia produtiva e cultural na que se desenvolve o festival.

7.- INTERVENCIÓNS E CONSTRUCIÓNS EFÉMERAS , deixando intacta a fisionomía da paisaxe e do contorno dos distintos escenarios do festival.

8.- PROXECTO VIABLE, escalado ao territorio, sostible no tempo e con financiamento múltiple: público e privado.

9.- RURALIDADES: o festival sitúase nun medio rural e despoboado, favorecendo a dinamización deste espazo a través do festival.

10.- RETORNO SOCIAL NON MONETARIO, XVII Ribeira Sacra xera, ademais dun retorno económico, un retorno social en canto á dinamización cultural e social do medio rural no que nos atopamos.