Ses

LUGAR

Castelo de Castro Caldelas

CANDO

Sábado 04 de Agosto

ACCESO CON

ABONO PATRIMONIO, ABONO PATRIMONIO REDUCIDO OU SES + LOS HERMANOS CUBERO + NASTASIA ZÜRCHER

Biografía

Considerada o fenómeno dos últimos anos da música galega, en 2018 volve á estrada co seu quinto disco, ‘Readmirando a condición’, un ano despois de publicar o anterior, vender máis de 7.000 copias e ofrecer 50 concertos por toda a Península, con ‘sold-outs’ en todos os auditorios galegos. SES fai unha revisión do seu disco de debut para darlle unha sonoridade máis ‘SESiana’, encargándose ao 100% de volver gravar, producir e arranxar todos os temas. SES triunfa en Galicia e máis alá grazas a súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de ‘cantareira’ que hai no seu interior.

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X