Los Hermanos Cubero
LUGAR
Castelo de Castro Caldelas
CANDO
Sábado 04 de Agosto
ACCESO CON
ABONO PATRIMONIO, ABONO PATRIMONIO REDUCIDO OU ❮SES + LOS HERMANOS CUBERO + NASTASIA ZÜRCHER❯
Biografía
A pena é unha forma de aceptar, quizais tamén de sanar a dor, din. Como tamén din que quen canta, a pena espanta. Din. Quique dibuja la tristeza é o disco que acepta todos eses días sen sol e todos eses días co sol demasiado impertinente. Enrique e Roberto Cubero ampliaron para esta ocasión a súa irmandade a cuarteto: Oriol Aguilar suma o contrabaixo e Jaime del Blanco o violín. Unha decisión estilística circunstancial que embelece o trazo dunhas cancións que, por outro lado, seguen tendo a denominación de orixe 100% Hermanos Cubero: cancións de raíz folk tan americana que semella alcarreña ou tan alcarreña que parece americana.




















