Holly Miranda

LUGAR

Via Romana

CANDO

Domingo 29 de xullo

ACCESO CON

ABONO

Biografía

A cantautora norteamericana Holly Miranda naceu entre Detroit e Nashville, dúas cidades con gran peso musical que terían unha influencia moi profunda na súa aventura artística. Comezou a tocar o piano á idade de 6 anos, aprendeu de xeito autodidacta a tocar a guitarra aos 14 e mudouse a Nova York aos 16 para comezar a súa carreira profesional. Durante case 20 anos, Holly estivo tocando, escribindo e producindo xunto ás figuras máis importantes da industria.

Tocou con xigantes como Florence and the Machine, Karen O, Lou Reed, The XX o Lesley Gore. Sacou dous discos xunto a súa banda The Jealous Girlfriends, toca a batería con Scarlett Johansson en The Singles e coescribíu e produciu un bo puñado de outros proxectos. Este 2018 acaba de sacar o seu terceiro disco, Mutual Horse, co selo Dangerbird Records e visitará Europa para presentalo. Neste álbum colaboran Josh Werner (Dr. John, Lee Scratch Perry), Jared Samuel (Yoko Ono), Jim Kirby Fairchild (Grandaddy, Modest Mouse), Kyp Malone (Tv On The Radio), Maria Eisen (Underground System) e Matthew Morgan (Built to Spill, Modest Mouse), entre outros.

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X