Ghost Beast

LUGAR

Miradoiro de Santiorxo – Escenario Alhambra

CUANDO

Sábado 28 de xullo

ACCESO CON

GRATUITO

Biografía

Ghost Beast nace dun encerro de 9 meses, que inspira e da lugar a un grupo de cancións que acaban conformando un disco (Winter’s Horn, 2018) e case á vez, unha banda.

Electrónica e art-pop, sempre nas súas versións máis solemnes e profundas; sintetizadores que gañan en protagonismo ás guitarras, que non están esquecidas; ritmos programados que se entrelazan con baterías de son contemporáneo; cancións amplas e con espazo, minimalistas en moitos casos, evocadoras e envolventes, en todo momento fuxindo de lugares comúns, do costumbrismo e dos artiluxios efectistas.

O directo muta cara unha proposta musical ampla, espontánea e orgánica: Sons espaciais dan paso por momentos a paisaxes acústicas, e estas a súa vez a improvisacións libres próximas ao jazz. Fúndese todo con naturalidade e sen perder o sentido de cada canción. A electrónica interprétase en directo sen valerse de ordenadores e encaixa doadamente con guitarras, pianos e baterías seguindo un estilo contemporáneo, elegante e repleto de emoción.

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X