Fuckaine
LUGAR
Explanada Parador Monforte
CUANDO
Sábado 28 de xullo
ACCESO CON
ABONO OU ENTRADA INDIVIDUAL
Biografía
Fuckaine non é un grupo de música, é música; é o concepto de entrelazar nota tras nota, de crear o movemento de aire etéreo que fai que a percepción do medio se altere e se funda co cosmos, coa Terra e os seus habitantes. O fluír dos arpexos e a naturalidade coa que se suceden as imaxes invitan a viaxe sensorial, a que as figuras ordénanse formando unha amalgama para crear un todo co que sentirse sincero e confiado. Na súa segunda etapa, Fuckaine abre unha senda inexplorada ata agora, que lle brinda unha paleta de texturas e cores infinita. Os ritmos actúan de canle ao tempo que de portador; traman unha tupida malla na que podemos repousar e deixarnos envolver ata perder o noso ego. Pizza Valentine é o título do seu derradeiro álbum, editado en 2016, no que, como eles mesmos afirman, “plasmamos cousas que non vivimos: os dinosauros, Britney Spears, Wild Wild West ou os primeiros pasos das Grecas. Tamén experiencias persoais espirituais, relacionadas cos astros e esas movidas. Hai bastantes cancións que non teñen nin guitarra ou, de habelas, son sampleadas. Na composición, algunhas parécense máis ao hippie-pop que ao rock. Outras cancións son pop do bo, do de sempre”.




















