ACTIVIDADES PARALELAS

17º FESTIVAL RIBEIRA SACRA 2018

O Festival 17º Ribeira Sacra presenta un completo programa de actividades paralelas que incluirá, entre outras cousas, actividades vinícolas nalgunhas das adegas máis emblemáticas da rexión, gastronomía a cargo de grandes cociñeiros, roteiros guiados por los miradoiros máis impresionantes ou encontros entre expertos internacionais en turismo, patrimonio, música, enoloxía ou gastronomía.

*
Máis Información

VENRES 27 XULLO, ADEGA REGINA VIARUM, 19.30h

VISITA GUIADA A ADEGA + CATA-CONCERTO: OS SONS DA RIBEIRA SACRA

CATA DIRIXIDA POR SANTI RIVAS DE COLECTIVO DECANTADO CON MÚSICA EN DIRECTO

Dúas actividades unidas por un mesmo desenlace, co obxectivo de crear un fluxo de sensacións in crescendo a través dunha viaxe sensorial polos viños de Regina Viarum. O percorrido pola adega estimulará os nosos sentidos a través dos segredos que fan posibles os viños de Regina Viarum. Esta viaxe culminará cunha cata concerto guiada por Santi Rivas de Colectivo Decantado e un artista sorpresa que poñerá música en directo a esta experiencia. A través desta actividade eno-musical descubriremos a que soan os viños de Regina Viarum, unha experiencia ultrasensorial que nos conectará emocionalmente coa filosofía da adega a través dun concerto feito a medida de cada un dos viños que cataremos.

SÁBADO 28 XULLO, ADEGA ALGUEIRA, 13.00h

CATA A CEGAS + MENÚ HARMONIZADO: A ESENCIA DA RIBEIRA SACRA

Cata participativa en dous actos co obxectivo de dar a coñecer as principais variedades de uva da Ribeira Sacra, a través da excelencia dos viños da adega Algueira. A primeira parte consistirá nunha cata a cegas que poñerá a proba os nosos sentidos, o reto consistirá en unir cada sensación guiada polo enólogo da adega coa variedade de uva correcta. Ao finalizar a cata a cegas e ser desvelados os viños catados, ofrecerase unha comida a base de menú degustación harmonizado con algunhas das referencias máis representativas da emblemática adega Algueira.

MENÚ HARMONIZADO ALGUEIRA

Ensalada de verdes con peixe afumado e queixo San Simón con vinagreta de froitos secos harmonizado con Algueira Rosalío rosado ( garnacha tintorera, 2016)

Filloas recheas de vieiras e zamburiñas con salsa de marisco harmonizado con Algueira Cortezada ( godello + albariño + treixadura, 2016)

Jarrete estofado con viño Algueira Mencía con patacas e castañas harmonizado con Algueira Lousa (mencía, 2015)

Surtido de sobremesas caseiras

 DOMINGO 29 DE XULLO, ADEGA VÍA ROMANA, 12.00h

OBRADOIRO DE CREACIÓN: OS SEGREDOS DO VERMÚ

Cata-obradoiro en dous actos. Primeiramente, gozaremos dunha cata dirixida dos vermús Nordesía, adentrándonos nas características diferenciais que os fan tan únicos e especiais. Con esta premisa, os aventureiros participantes neste concurso terán que crear un cóctel propio que teña por protagonista un dos vermús Nordesía, para o que contarán cunha serie de elementos (froitas, especias, herbas, outras bebidas, etc.) do que poderán facer uso libre e creativamente! Cada unha das creacións resultantes será degustada e valorada por un xurado que estará composto por persoal da organización e da adega, así como pola artista Holly Miranda. O gañador ou gañadora do concurso recibirá o diploma do I Taller de creación de cóctel con vermú Nordesía.

*
Máis Información

La riqueza gastronómica da Ribeira Sacra intégrase en 17° Paisaxe da man de grandes cociñeiros :

  • Álvaro Villasante levará o lado máis informal do Restaurante Paprica, coa súa cociña local e de tempada elaborada con materiais de primeira calidade, a tres espazos gastronómicos ao longo da fin de semana: Bodegas Regina Viarum (venres 27 e sábado 28), o Parador de Monforte (sábado 28) e a Praza de España de Chantada (domingo 29).

  • Gerson Iglesias (Adega das Caldas) presentará un showcooking perfecto o sábado 28 na Reitoral de Gundivós. Para esta actividade será necesario inscribirse escribindo a info@festivalribeirasacra.com (prazas limitadas).

  • Toño Lorenzo (A faragulla ) ofrecerá unha deliciosísima degustación de tapas o domingo 29 en Vía Romana Adegas e Viñedos.
*
ROTEIRO - máis información

ROTEIRO DOS MIRADOIROS

sábado 28 de xullo de 2018

8.30 h. (hora de encontro, Monforte) *

9.00 h. (inicio roteiro, Miradoiro da Cividade)

Punto de encontro: Praza da Compañía (Monforte), diante do Colexio Nosa Señora da Antigua

DESCRICIÓN ACTIVIDADE:

Roteiro de sendeirismo no Concello de Sober con inicio no Miradoiro de Cividade e final no Escenario AlhambraMiradoiro de Santiorxo (con chegada estimada para permitir a asistencia ao concerto de Elvis Perkins neste miradoiro).

Lonxitude: 7500 m. Duración estimada: 3:30 h. Dificultade media.

O tramo seleccionado do Roteiro dos Miradoiros (concello de Sober) transita na súa primeira metade en paralelo ao canón do Sil, comezando por miradoiros coñecidos como Cividade e O Boqueiriño e continuando por outros puntos panorámicos naturais que brindan xenerosas vistas do cañón. O roteiro adéntrase a continuación no fermoso bosque autóctono de Vilanova que atravesan camiños delimitados a ambos lados por pedras cubertas de musgo. O último tramo do camiño atravesa a aldea de A Somoza antes de chegar ao miradoiro de Santiorxo, punto final deste roteiro.

INSCRICIÓN:

Actividade gratuíta para os abonados 17º Paisaxe que teñan adquirido o servizo de transporte do Festival.

Imprescindible inscrición previa no enderezo electrónico info@festivalribeirasacra.com*

Data límite para inscrición: venres 27 de xullo, 10:00h

Prazas limitadas: 20 (confirmación por orde de inscrición)

Número mínimo de participantes inscritos para a celebración do roteiro: 10 persoas

RECOMENDACIÓNS (o sendeirismo é unha actividade deportiva que implica certos riscos e para a que é necesaria unha preparación física e un material axeitado): calzado e roupa cómoda aptos para o sendeirismo (recomendamos pantalón de perna longa) / auga / snacks (froitos secos, barriñas enerxéticas, froita, bolechas…) / protección solar e gafas solares / repelente de insectos / sombreiro ou gorra / bastóns de trekking…

*
Máis Información

Presentamos unha nova actividade no noso Festival: Conversas 17º.

Un espazo para falar do que nos importa, do noso patrimonio, da nosa paisaxe. Conversas nace para abrir canles de comunicación que nos acheguen a outros territoriosque comparten coa Ribeira Sacra moitas semellanzas pola importancia que teñen elementos como o viño. Falaremos tamén de espazos que son xa Patrimonio da Humanidade, unha distinción que agardamos se lle conceda á Ribeira Sacra nos próximos anos.

Ao redor dunha mesa institucións, territorio convidado (Douro) e expertos, compartirán as distintas perspectivas, tecendo pontes.

Intervirán:

  • Darío Campos, Presidente da Deputación de Lugo
  • Eduardo Vidal, Deputado de Turismo de Lugo
  • Patricia Gabeiras, Doutora en Dereito da Cultura
  • Luis Guitián, Presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra;
  • Iván Gómez, Grupo HGA, en representación do sector vinícola local
  • Uxío Novoneyra, Consultor cultural, Experto en estratexias de financiamentoeuropeo
  • Marcos Rafael, Propietario de turismo rural Casa de Bibi
  • Lisete Osorio, Especialista en ordenacións do territorio e ambiente
  • Carlos Montilla, Director do Festival 17º Ribeira Sacra.

→ Adega Regina Viarum, venres27, 20:00h

*
VISITA GUIADA 17º PATRIMONIO

 VISITA GUIADA AO CASCO HISTÓRICO DE CASTRO CALDELAS

sábado 4 de agosto de 2018

Horario: 18.00h a 19.30h

Punto de saída: Praza do Prado

Punto de chegada: Castelo de Castro Caldelas

INSCRICIÓN:

Gratuíta, dirixida a abonados 17°Patrimonio (Completo e Reducido) e compradores de entradas individuais dos concertos da fin de semana.

Inscripcións no correo electrónico info@festivalribeirasacra.com , data límite sábado 4 ás 12.00h.

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X