Seleccionar página

Woods

Biografía

Woods é unha banda de rock-folk americana nada no ano 2005. Está composta por Jeremy Earl (voces, guitarra), Jarvis Taverniere (varios instrumentos, produción), Aaron Neveu (batería), Chuck Van Dyck (baixo) e Kyle Forester (teclados, saxofón).

Con 10 álbumes no mercado, os de Brooklyn foron definidos como “unha mistura distintiva de folk de fogueiras fantasmagóricas, rock lo-fi, collages de cinta feitos na casa e outros interludios ruidosos, todos ancorados por melodías engañosamente resistentes”.

O cantante, guitarrista e fundador do conxunto, Jeremy Earl, tamén dirixe o selo Woodsist.

Na súa discografía danse cita os seguintes títulos: Who To Survive In + In the Woods (2005), At Rear House (2007), Woods Family Creeps (2008), Songs of Shame (2009), At Echo Lake (2010), Sun and Shade (2011), Bend Beyond (2012), With Light and With Love (2014), City Sun Eater in the River of Light (2016) y Love Is Love (2017).

Tamén pode interesarche…

Share This