august, 2018

2018Sáb.04Ago20:00SES + LOS HERMANOS CUBERO + NASTASIA ZÜRCHERABONO PATRIMONIO20:00 CASTELO DE CASTRO CALDELAS, Praza da Torre, 6, 32760 Castro Caldelas, Ourense17º PAISAXE / 17º PATRIMONIO:17º PATRIMONIODías:SÁBADO 04

more

Descripción

Comprar entradas

SES

Considerada o fenómeno dos últimos anos da música galega, en 2018 volve á estrada co seu quinto disco, ‘Readmirando a condición’, un ano despois de publicar o anterior, vender máis de 7.000 copias e ofrecer 50 concertos por toda a Península, con ‘sold-outs’ en todos os auditorios galegos. SES fai unha revisión do seu disco de debut para darlle unha sonoridade máis ‘SESiana’, encargándose ao 100% de volver gravar, producir e arranxar todos os temas. SES triunfa en Galicia e máis alá grazas a súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de ‘cantareira’ que hai no seu interior.

LOS HERMANOS CUBERO

A pena é unha forma de aceptar, quizais tamén de sanar a dor, din. Como tamén din que quen canta, a pena espanta. Din. Quique dibuja la tristeza é o disco que acepta todos eses días sen sol e todos eses días co sol demasiado impertinente. Enrique e Roberto Cubero ampliaron para esta ocasión a súa irmandade a cuarteto: Oriol Aguilar suma o contrabaixo e Jaime del Blanco o violín. Unha decisión estilística circunstancial que embelece o trazo dunhas cancións que, por outro lado, seguen tendo a denominación de orixe 100% Hermanos Cubero: cancións de raíz folk tan americana que semella alcarreña ou tan alcarreña que parece americana.

NASTASIA ZÜRCHER

A cantante e compositora galego-suiza, gañadora dun Galician Music Award na categoría de música negra (Premios Martín Códax da Música), publica o que xa é o seu segundo álbum de estudio “BEAT”. De onda moderna e groove descarado, flúe por estilos como o R&B Contemporáneo, o Neo Pop Soul e as chamadas Músicas do Mundo, todos eles interpretados dende a personalidade artística e xa inconfundible voz de Nastasia. Rodeada de músicos de primeirísima división, dan vida propia ao álbum na súa chamada xira de concertos #TheBEATtour, nun directo vivo, elegante e de esencia tropical.

Hora

(Sábado) 20:00

Ubicación

CASTELO DE CASTRO CALDELAS

Praza da Torre, 6, 32760 Castro Caldelas, Ourense

Enviar comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X