Seleccionar página

Puerto Candelaria

Biografía

Puerto Candelaria é unha grande explosión sonora colombiana que traspasou as fronteiras, burlou os esquemas e trazou un camiño polo cal non só transita a música; o teatro, a danza e o humor son os efectivos recursos dos que se valen os seus integrantes para exponer burlonamente o absurdo que é Colombia na actualidade.

Con máis de 15 anos de loca festa cumbiera aredor do mundo, Puerto Candelaria é unha proposta musical atrevida, controvertida e innovadora que definiu o rumbo sonoro dos últimos tempos no seu país. A súa creación guiou os parámetros para falar da escena musical independente en Latinoamérica. Visitar Puerto Candelaria é adentrarse nunha viaxe de sons que parten da tradición colombiana, pero que xogan sen medo co realismo máxico e con todas as influencias recollidas das viaxes, as visitas a outros portos do barco candelario e a inesgotable inspiración do Sargento Remolacha (Juancho Valencia, director e pianista), quen fai máis de 15 anos zarpou co único rumbo de ir adiante.

Cumbia, rock, ska, jazz, chucu chucu ou “neo plancha” conflúen sen medo nas súas cancións, que poden invitar por igual ao baile demente ao á reflexión profunda. A agrupación marcou fitos impensables para a escena independente: máis de 80 cidades visitadas aredor do, percorrendo Suramérica, Norteamérica, Europa e, incluso, Asia, con incribles ventas de discos e unha notable influencia nas novas xeracións musicais.

A agrupación é fundadora de ritmos tan contradictorios coma a cumbia rebelde e underground ou o jazz ao colombiano. As súas cinco produciones discográficas representan un documento fundamental para a música e a cultura da súa xeración: Kolombian Jazz (2002), Llegó la banda (2006), Vuelta Canela (2010), Cumbia rebelde (2011) e Amor y deudas (2014). En 2016 publicou tamén o seu sinxelo Amor fingido (2016), que revela a voz de Maga la Maga e marca o camiño do que será o seu sexto traballo discográfico.

Tamén pode interesarche…

Share This