Seleccionar página

Mujeres

Biografía

Que máis se pode dicir de Mujeres? Despois de case 10 años de carreira, máis de 500 concertos, catro discos, xiras por Estados Unidos e un sinfín de fitos máis, non é extraño afirmar que a banda barcelonesa é unha das máis relevantes da escea estatal.

Cando xurdiu a posibilidade de editar o seu cuarto traballo, non houbo lugar a dúbidas: Pol, Yago e Arnau son un grupo de amigos de verdade e este álbum supón a cima dunha carreira que sempre estivo baseada nese sentimento e nas relacións entre eles, algo que lles levou a seguir xuntos durante todos estes anos. 

Ninguén quería perder esta celebración, e así se forxou Un sentimiento importante, cuxo titulo sinala directamente ao momento de inflexión que este traballo supuxo para eles: un álbum definitivo, producido por  Sergio Pérez de Svper e con todas as cancións en castelán; un fito para unha banda que comezou co inglés como primeira lingua, pero que, tras o éxito do single Aquellos ojos, decidiu cambiar de opción.

É o seu primeiro disco na casa Sonido Muchacho e, quizais, o máis importante da súa carreira. Mujeres é algo máis que un grupo de música: as cancións sempre perdurarán, eternas, capaces de contar o que un grupo de amigos quere transmitir. 

Tamén pode interesarche…

Share This