Seleccionar página

Morgan

Biografía

Morgan é un proxecto musical nacido en 2012, momento no que Nina de Juan (piano e voz) mostra as súas composicións a Paco López (guitarra e voz) e a Ekain Elorza (batería) e os tres anímanse a armonizalas e crear un novo grupo. Ese mesmo ano debutan en formato acústico na Sala Costello de Madrid e ofrecen algún concerto no País Vasco, pero non é ata finais de 2015 cando deciden entrar no estudo a gravar o seu primeiro álbum. O lugar elixido é La Cabaña (Madrid), onde, coa axuda do productor José Nortés (Ariel Rot, Quique González, Sergio Makaroff, etc.), rexistran o seu primeiro disco North, un traballo autoeditado que conseguiu colarse nas listas dos máis vendidos en 2017.

O disco sae á venda en febreiro de 2016, coincidindo coa súa volta aos directos, esta vez xa con formación eléctrica e a incorporación áa banda de Alejandro Ovejero ao baixo e David Schulthess ao teclado. Este primeiro concerto de presentación na Sala Sol tamén foi o primeiro no que colgaron o cartel de “non hai entradas”: unhas semanas despois, farán o mesmo en Berriz (Bizkaia) e nos seus dous concertos no Teatro Lara de Madrid, en xuño e setembro de 2016.

Desde entón, Morgan non parou de tocar e sumar éxitos. En 2016 presentou o seu disco en 25 cidades diferentes da Península e visitou algúns dos grandes festivais do panorama español (Mad Cool, Sonorama, Gigante, Actual, Let’s Festival). Cabe destacar tamén o seu concerto de apertura para Leiva nun Palacio dos Deportes madrileño cheo ata a bandeira e o seu viaxe a Brasil para acompañar a Tulipa Ruiz (ganadora dun Grammy Latino) en varios eventos en São Paulo.

O pasado 2017 no puido saír de mellor maneira: reeditou o seu disco despois de esgotar a primeira edición (entrando nas listas dos máis vendidos do ano) e seguiu a presentar North por novos territorios como Cataluña, Santander ou Zaragoza.

Tamén pode interesarche…

Share This