Seleccionar página

Holly Miranda

Biografía

A cantautora norteamericana Holly Miranda naceu entre Destroit e Nashville, dous cidades con grande peso musical que terían unha influencia moi profunda na súa propia aventura artística.

Comezou a tocar o piano á idade de 6 anos, aprendeu de maneira autodidacta a tocar a guitarra aos 14 e modouse a Nueva York aos 16 para comezar a súa carreira profesional.

Durante casi 20 anos, Holly estivo tocando, escribindo e producindo xunto ás figuras máis importantes da industria. Tocou con xigantes como Florence And The Machine, Karen O, Lou Reed, The XX ou Lesley Gore.

Sacou dous discos xunto á súa banda The Jealous Girlfriends, toca a batería con Scarlett Johansson en The Singles e coescribiu e produciu un bo puñado de outros proxectos. En 2018 sacará o seu terceiro disco, Mutual Horse, co sello Dangerbird Records e visitará Europa para presentalo.

No álbum colaboran Josh Werner (Dr. John, Lee Scratch Perry), Jared Samuel (Yoko Ono), Jim Kirby Fairchild (Grandaddy, Modest Mouse), Kyp Malone (Tv On The Radio), Maria Eisen (Underground System) e Matthew Morgan (Built to Spill, Modest Mouse), entre outros.

Tamén pode interesarche…

Share This