Seleccionar página

Fuckaine

Biografía

Fuckaine non é un grupo de música, é música; é o concepto de ganduxar nota tras nota, de crear o movemento de aire etéreo que fai que a percepción do medio se altere e se funda co cosmos e coa Terra e os seus habitantes.

O fluir dos arpegios e a naturalidade coa que se suceden as imaxes invitan ao viaxe sensorial, a que as figuras se alineen e se amalgamen para crear un todo co que sentirse sinceiro e confiado. Se fora unha imaxe, debería ser, sen dúbida, un feixe de luz pura e cristalina onde nos vemos coma o que somos, seres marabillosos nunha continua búsqueda da paz e da perfección de todos os nosos estados vitais.

Na súa segunda etapa, Fuckaine abre unha senda inexplorada ata agora, que lle brinda unha paleta de texturas e cores infinita. Os ritmos actúan de cauce á vez que de portador; traman unha tupida malla na que podemos deixarnos reposar e envolver ata perder o noso ego. Pizza Valentine é o título do seu último álbum, editado en 2016, no que, como eles mesmos afirman, “plasmamos cousas que non vivimos: os dinosaurios, Britney Spears, Wild Wild West ou os primeiros pasos das Grecas.

Tamén experiencias personais espirituais, relacionadas cos astros e esas movidas. Hai bastantes cancións que non teñen nin guitarra ou, se as hai, son sampleadas. Algunhas na composición parécense máis ao hippie-pop que ao rock. Outras son pop so bo, do de sempre”.

Eles mesmos autodefinense así: “Fuckaine naceu coma un proxecto musical ideado para amenizar festas de aniversario por Tábata Pardo y Fran (Narf). En 2012 gravamos catro cancións para facer un EP (Summer Songs For Kids) e á xente gustoulle moito, dicía que soaba moi “fresco”. Despois empezaron a chamarnos por teléfono dicindo que gañáramos moitos premios: o do “Día da Música Nivea”; o de “Redbull”; o do “Dcode”; o “Villa de Madrid”, e fixéronnos moitas entrevistas e leváronnos a tocar a moitos festivais: o Dcode, o Low Cost, o Arenal Sound, o Día de la Música, Sziget…

En 2013 fixemos un disco que se chamou Totally Contagious  e á xente tamén lle gustou moito e tamén soana moi “fresco”. Falamos del moitas revistas e nos fixeron entrevistas. Agora lanzamos o noso segundo disco, Pizza Valentine, en honor a os nosos ídolos Tim and Eric e o seu sketch Totinno’s Pizza Boy: é un disco máis electrónico, onde casi non hai guitarras.

A portada é unha choiva de tiras de bacon, rodaxas de pepino e cigarros. Tivemos moitas variacións na nosa formación. Agora somos: Pablo (batería e cacharritos e backing vocals; tamén toca noutro grupo chamado Jaime 4 President); Jesús (cacharritos e teclados; toca noutra chamada Cross Echeyde); Tábata (baixo, voz e teclado; toca sempre noutros grupos… Estivo tocando nunha xira con Alaska e Nacho e sempre está a facer as portadas e os vídeos teaser); Fran (guitarra, voz e cacharritos; toca en Júpiter 6 e ten o estudio onde se gravou a maioría do disco Pizza Valentine, Manufacturas Sonoras)”.

Tamén pode interesarche…

Share This