Julio, 2018

2018Sáb.28Jul20:00FESTIVAL PARADOR DE MONFORTE: Fuckaine + Woods + Coque Malla + Puerto Candelaria + FreedoniaABONO / ENTRADA INDIVIDUAL20:00 EXPLANADA PARADOR MONFORTE, Plaza Luis de Góngora y Argote, 27400 Monforte de Lemos, Lugo, Lugo17º PAISAXE / 17º PATRIMONIO:17º PAISAXEDías:SÁBADO 28

more

Descripción

Comprar entradas

COQUE MALLA

Coque Malla leva nas súas venas o veleno do espectáculo. Máis de tres décadas nos teatros e escenarios dende o seu debut con Los Ronaldos e unha fascinante viaxe na mochila que conflúe no seu último traballo, gravado en directo no seu mellor momento musical e compositivo: Irrepetible.

https://www.coquemalla.es/web/

 

WOODS

“Unha mestura distintiva de folk de fogueiras fantasmagóricas, rock lo-fi, collages de cinta feitos na casa e outros interludios ruidosos, todos ancorados por melodías enganosamente resistentes”. Así foron definidos Woods, a banda americana máis prolífica do folk-rock de xénero con dez álbums en doce anos que os posicionaron como grupo de culto a nivel mundial.

http://www.woodsist.com/woods/

 

PUERTO CANDELARIA

Con máis de 15 anos de festa cumbiera arredor do planeta, Puerto Candelaria é unha grande explosión sonora colombiana. A súa proposta musical, atrevida, controvertida e innovadora, marcou os parámetros da escena musical independente en Latinoamérica nunha mestura que parte da tradición dos sons da súa terra fusionados co rock, o jazz ou o ská, xunto ao realismo máxico e as influencias diversas que reciben nas súas iras mundiais.

http://www.puertocandelaria.com/

 

FREEDONIA

Freedonia é unha banda de referencia na escena nacional de música soul e funk. Formada por unha voz incendiaria e oito músicos que desprenden creatividade, posúen unha potente sección rítmica e ofrecen un directo demoledor. Baixo o título de Shenobi, Freedonia lanza o seu terceiro traballo discográfico, un álbum dobre con 20 temas e un fío condutor: a liberdade da muller. O disco reincide nas sinais de identidade da banda e está gravado en analóxico e de forma artesanal ata conseguir un son orgánico, cru e único. A liberdade e a independencia son outras dos seus símbolos de identidade, razón pola cal este dobre álbum produciuse tras unha próspera campaña de crowdfunding, á marxe da industria tradicional e de entidades financeiras e intermediarias, na que involucráronse máis de 700 persoas, editada baixo licencias Creative Commons para asegurar o retorno social da cultura.

 

FUCKAINE

Fuckaine non é un grupo de música, é música; é o concepto de entrelazar nota tras nota, de crear o movemento de aire etéreo que fai que a percepción do medio se altere e se funda co cosmos, coa Terra e os seus habitantes. O fluír dos arpexos e a naturalidade coa que se suceden as imaxes invitan a viaxe sensorial, a que as figuras ordénanse formando unha amalgama para crear un todo co que sentirse sincero e confiado. Na súa segunda etapa, Fuckaine abre unha senda inexplorada ata agora, que lle brinda unha paleta de texturas e cores infinita. Os ritmos actúan de canle ao tempo que de portador; traman unha tupida malla na que podemos repousar e deixarnos envolver ata perder o noso ego. Pizza Valentine é o título do seu derradeiro álbum, editado en 2016, no que, como eles mesmos afirman, “plasmamos cousas que non vivimos: os dinosauros, Britney Spears, Wild Wild West ou os primeiros pasos das Grecas. Tamén experiencias persoais espirituais, relacionadas cos astros e esas movidas. Hai bastantes cancións que non teñen nin guitarra ou, de habelas, son sampleadas. Na composición, algunhas parécense máis ao hippie-pop que ao rock. Outras cancións son pop do bo, do de sempre”.

Hora

(Sábado) 20:00

Ubicación

EXPLANADA PARADOR MONFORTE

Plaza Luis de Góngora y Argote, 27400 Monforte de Lemos, Lugo, Lugo

Enviar comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Registrate y recibe las novedades del Festival

You have Successfully Subscribed!

X