Seleccionar página

Coque Malla

Biografía

Todo comezou, seguramente, nun teatro. Entre os escenarios, as bambalinas e os patios de butacas polos que correteaba de neno Coque Malla, inxectándose o veleno do espectáculo e descubrindo o hermoso que é comunicar co público a través do arte. Os teatros foron a súa casa, e a eles quixo regresar para alumar o concierto máis importante da súa vida: o que conforma o seu novo disco en directo, Irrepetible. O colofón dunha fascinante viaxe musical que arrancou xusto tres décadas atrás, en 1987. Que pasaran 30 anos desde o seu debut cos Los Ronaldos, sen embargo, non deixa de ser unha efeméride casual. Este álbum en vivo non é un brindis por unha data concreta, senón unha instantánea que reflicte o gran momento musical e compositivo que atravesa. A imaxe que revela como creceu desde aquela urxencia guitarreira de finais dos 80 ata o rock and roll con arreglos orquestais que presentou no seu anterior disco de estudio, El último hombre en la Tierra.

Gravado no Nuevo Teatro Alcalá de Madrid o 6 de xuño de 2017, ante un patio de butacas rebosante, respetuoso e acompasado, en Irrepetible Coque Malla está acompañado no só pola súa banda (Toni Brunet, Gabriel Marijuán, Héctor Rojo e David Lads), senón tamén por un delicioso cuarteto de corda e unha sección de metais capitaneada polo seu irmán Miguel Malla. Ás voces acompañáronlle cinco invitados e un sexto á guitarra (Santi Balmes, Dani Martín, Iván Ferreiro, Jorge Drexler, Neil Hannon e Amable Rodríguez), repasando xunto a él algúns dos mellores momentos da súa carreira, cun protagonismo especial do seu último disco.

En Irrepetible soan nítidos os aplausos, percíbese unha risa fugaz, apréciase ata a respiración. As cancións se engrandecen armónicamente desde a sutilidade, con cordas e metais que actúan con prudencia e elegancia, entrando só cando van aportar algo especial, sen pisar a ninguén. Todo é minuciosidade e detalle. Un traballo artístico, estilístico e sentimental, que da boa fe da maestría coa que Coque conduce o pulso do directo esquivando o efectismo. En Irrepetible danse cita temas como Guárdalo, o guiño máis antigo a Los Ronaldos, a célebre No puedo vivir sin ti, La mujer sin llave, Hasta el final, Hace tiempo, Berlín, Quiero volverte a ver, Termonuclear, Escúchame, Todo el mundo arde, Pétalos, sonrisas y desastres, Santo Santo, My Beautiful Monster, Me dejó marchar, El último hombre en la Tierra e La señal.

Tamén pode interesarche…

Share This