Condiciones generales

CONDICIÓNS XERAIS DO CONTRATO POLO QUE SE ADQUIRE A ENTRADA ACEPTACIÓN E INCORPORACIÓN CONTRACTUAL 

A adquisición da presente entrada outorga á persoa que a adquire un título nominativo,  que lle permite acceder aos recintos de espectáculos musicais onde se celebrarán  os concertos do Festival Dezaseteº Ribeira Sacra os días seleccionados ao realizar a  compra. A entidade resérvase o dereito para poñer á venda entradas diferentes ás consi 

deradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio. 

En caso de crise sanitaria provocada por COVID-19 ou outra enfermidade contaxio sa a Organización pode verse obrigada a implementar medidas excepcionais dife rentes ás reflictidas nas seguintes condicións xerais coa finalidade de preservar a  seguridade e saúde das e dos asistentes ao Festival Dezaseteº Ribeira Sacra Estas  condicións poderán sufrir en calquera momento variacións como consecuencia das  indicacións que poidan ser establecidas polas autoridades competentes. Neste su posto, serán notificadas pola Organización aos compradores das entradas a través  da dirección de correo electrónico facilitada ao realizar a compra.   

O contrato polo que se adquire a entrada rexerase polas seguintes condicións xerais: 

A adquisición da entrada para o Festival supón a aceptación das seguintes Condicións  Xerais de Uso, ofrecidas por DEZASETE GRADOS S.L. (en adiante a Organización/pro motora), con CIF B94173853, domiciliada en Avda Luis González Taboada, Nº1 – 4º –  36500 Lalín (Pontevedra) 

ENTRADA 

A Organización resérvase o dereito para alterar ou modificar o programa do  evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no car tel. 

A persoa usuaria terá dereito á devolución do prezo da entrada e abono, despois da re clamación e de acordo con estas condicións de venda, nos supostos seguintes: 

Cando, antes do seu comezo, se produza a cancelación, suspensión ou cambio das datas  do espectáculo público ou da actividade recreativa. 

  • Cando non poida entrar e gozar do espectáculo público ou da actividade recreati va, ou cando non poida facelo en condicións de accesibilidade, igualdade e inclu sión, por causas imputables á empresa organizadora. 
  • No caso de modificación substancial do espectáculo público ou actividade recrea tiva, a condición de que esta afecte á identidade dos artistas, intérpretes ou exe cutantes principais, ou á natureza ou características principais do espectáculo ou  actividade programada, agás que xa comezase ou que a variación sexa por causa  de forza maior. 


Se o espectáculo público ou a actividade recreativa se suspende de forma sobrevida,  unha vez iniciado, a persoa usuaria terá dereito á devolución do importe da súa entrada e  abono, sempre que a suspensión non sexa por causa de forza maior ou non transcorrese  un terzo do tempo previsto do espectáculo ou da actividade programados.  

No caso de que estivese previsto continuar o espectáculo público ou a actividade recrea tiva suspendidos, na mesma data da inicialmente prevista, a persoa usuaria non terá de reito á devolución, sendo válida a entrada e abono adquirida ou, no seu caso, aquela que  a substitúa.  

Poderase exercer o dereito a devolución ata o día indicado despois de que suceda o feito  causante do dereito a devolución por medio de reclamación dirixida á organización a tra vés dos medios establecidos no aviso legal deste mesmo sitio web. 

Non dará dereito a devolución a denegación de entrada ou expulsión do recinto por in cumprimento das presentes condicións e/o disposicións legais de aplicación. 

Durante o proceso de compra, o/a comprador/a terá́ que indicar os nomes, apelidos e número de teléfono de cada unha das persoas que acudan ao concerto con cada entrada  adquirida. As entradas son nominais: a persoa que veña reflectida na entrada non pode rá ser outra persoa diferente á asistente ao evento. Para ese efecto poderáselle requirir o  D.N.I. ou pasaporte para acreditar a súa identidade á hora de acceder ao recinto onde se  celebran os concertos. 

As entradas poderanse adquirir unicamente nas canles de venda autorizadas pola Orga nización, a saber, Dezaseteº Ribeira Sacra e non se fará responsable das entradas que  non se adquiran mediante estas canles de venda. Toda entrada física ou electrónica du plicada, danada/alterada ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a im pedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinen tes contra o titular da mesma, que asume toda a responsabilidade no caso de pretender  acceder ao recinto cun título non válido. 

Con respecto a isto, infórmase da realización de controis electrónicos de seguridade á en trada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admi sión queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada completa e en boas condicións. 

Para entrar ao recinto deberás amosar a túa entrada ou arquivo electrónico que a  incorpore para a súa verificación. Deberás identificarte con DNI no caso de que a  organización o solicite. 

A entrada debe de ser trocada por unha pulseira nos despachos de billetes situados xun to á entrada ao recinto. A pulseira cahsless é o único acceso válido para o recinto dos  concertos, así como o único método de pago admitido no festival. Esta pulseira é persoal  e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización co locará a pulseira á persoa usuaria final, que se fai responsable de validar que estea co rrectamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente,  pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, quites a túa  pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito para acceder ao recinto. A perda, ma nipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. 

En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha  pulseira perdida. 

A entrada, e a súa pulseira asociada, non darán dereito ao acceso a servizos ou partes  do recinto ás que a entrada ou pulseira non dea acceso. 

A Organización non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación  delituosa que se poida ocasionar dentro do recinto de concertos ou de calquera outro  recinto habilitado pola organización. 

A revenda de entradas sen autorización da empresa organizadora é contraria á lei e será  obxecto das accións legais que correspondan contra as persoas responsabeis de vendas  non autorizadas de entradas. 

ADMISIÓN 

A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente. 

As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en  materia sanitaria para previr os contaxios en caso de epidemia/pandemia, tal e como foi  explicado anteriormente, e poden sufrir modificacións en función da aprobación de novas  normas que modifiquen as condicións vixentes no momento da adquisición da entrada.    

Para garantir a seguridade de todos/as os/as asistentes, a quen non cumpra coas normas  de seguridade obrigaráselle a abandonar o recinto. 

As persoas que vaian acceder ao recinto de concertos polos accesos sinalados pola Or ganización poderán ser rexistradas. O rexistro será realizado por persoas legalmente ha bilitadas e cumprindo coas disposicións legais en materia de control de accesos a recintos  de pública concorrencia.  

A seguridade do público e dos/as profesionais que traballan no Festival Dezaseteº Ribeira  Sacra é unha prioridade para a Organización. Para evitar riscos para a integridade  das persoas e para a seguridade alimentaria, establécense as seguintes normas sobre in trodución de obxectos, de comidas e de bebidas no festival: 

Non se permitirá, en ningún caso, a introdución de ningunha clase de arma ou de obxec to que poida ser considerado como potencialmente perigoso para o resto dos/as asisten tes ou para os/as artistas. Lembramos que, en uso das facultades e prerrogativas que  a lexislación vixente outorga aos organizadores de espectáculos, tampouco se permitirá o  acceso con paraugas de punta xa que, en cumprimento da normativa en materia de segu ridade, pode supoñer un perigo para as persoas asistentes ou ser utilizado como arma.  Conforme a normativa vixente, estes obxectos poderán ser requisados pola Organización  e devoltos á persoa propietaria cando abandone definitivamente o recinto. 

A venda de comidas e bebidas é parte integral da experiencia do festival, onde se garanten a ca lidade e seguridade alimentaria dos produtos e servizos proporcionados ao público, estando su-

xeita, ademáis,a obrigas contractuais da Organización en canto á imaxe de marca das empresas  proveedoras, formando parte dos seus rendementos de explotación. 

Polo motivo expostos, non se permitirá o acceso ao recinto con comidas e bebidas agás: 

Alimentos e bebidas que obedezan a dietas establecidas por prescrición médica acreditada e  que non sexan proporcionados pola organización (por exemplo, se a organización non ofrece  alimentos sen glute). 

Alimentos para bebés. 

Nas inmediacións do recinto do festival existe unha variada oferta para procurarse alimentos e  bebidas e a organización permitirá a entrada e saída a vontade do recinto para que os asistentes  poidan acceder a alternativas diferentes das que proporciona a organización. 

MENORES DE IDADE 

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Gali cia 11/2010, a Organización do Festival Dezaseteº Ribeira Sacra estabelece as seguintes  normas de acceso para menores de idade. 

Entradas: 

As e os menores de 0 a 11 anos (incluídas) accederán ao recinto de xei to gratuíto. 

As e os menores de 12 a 17 anos (ambas idades incluídas) deberán ad quirir unha entrada de persoa adulta. 

Condicións: 

Todo menor de 16 anos de idade que vaia a acceder debe ir  acompañado dun proxenitor ou titor/a. Ao acceder ao recinto  de concertos poderáselle requirir aos proxenitores ou titores que mostren o  documento orixinal do seu DNI e o DNI do menor, dar un número de teléfono  de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de res 

ponsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante  non é un titor/a legal, deberá mostrar tamén unha fotocopia do DNI dun pro xenitor ou titor/a do menor, achegar a autorización de asistencia asinada por  parte dalgún dos anteriormente citados e ensinar o DNI do menor. 

Os/as menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto  de concertos sen a compañía dun adulto pero deben ensinar igualmente,  antes de acceder ao recinto, o seu DNI, unha fotocopia  do do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este  último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao recinto de concertos. 

En cumprimento da normativa vixente, a Organización estabelece as seguintes normas  xerais para as e os menores de idade dentro do recinto de concertos. 

Todas as e os menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acce der ao recinto de concertos. 

Toda e todo menor que non se atope baixo a autorización, supervisión ou cargo dunha  persoa adulta, maior de idade, será expulsada do recinto, previa posta en coñecemento  das autoridades competentes 

A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen  incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do  persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para  si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violen 

tas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de  intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, in troducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc, responsabilizán dose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións  cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais. 

Todo intento de estafa, violación, subtracción, roubo, así como os  danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización,  artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais,  tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes. 

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE 

O público asistente poderá aparecer DE XEITO INCIDENTAL* en imaxes tomadas por di ferentes medios de comunicación, a Organización, terceiros autorizados por esta ou cal quera artista para a súa posterior difusión, consintindo expresamente un uso promocional  e/ou comercial das imaxes captadas. A asistencia ao evento supón a aceptación de que  se faga uso, de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome  en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, ao vivo ou en diferido, en ví deo, en fotografías ou calquera outro medio ou soporte presente ou futuro.  

* Enténdese por toma incidental de imaxes de unha persoa toda gravación de imaxes de  unha persoa realizada co gallo dunha gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras  semellantes que, inclúan a imaxe dunha ou máis persoas, que aparezan de modo alea torio e non predeterminado co obxecto de documentar eventos ou informar sobre acon tecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe  da persoa ou persoas que nela aparecen, de xeito que, eventualmente, esta persoa ou  persoas poidan ser recoñecibles en función de como sexa a súa imaxe fixada. 

O público asistente recoñece e acepta que a Organización ostenta e é titular de todos os  dereitos de propiedade intelectual, industral e calquera outros, incluídos os de imaxe, de rivados, directa ou indirectamente, das representacións artísitcas ou calquera outras que  tivesen lugar co gallo da celebración do Dezaseteº Ribeira Sacra, sen limitación territorial 

nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de  Propiedade Intelectual. 

Para acceder con cámaras de uso profesional, será obrigatorio contar cunha autorización  da promotora, así como unha acreditación do departamento de prensa da Organización. 

A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuídor ou a terceiros a utilizar a  mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de marketing, revenda ou de pro moción (incluídos os concursos, agasallos e /ou sorteos). O incumprimento deste punto,  sen autorización expresa e fidedigna da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usua rio non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da  entrada máis elevada do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e  prexuízos xerais. Asi mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente. 

PROTECCIÓN DE DATOS 

De conformidade co disposto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protec ción de Datos de Carácter Persoal, os datos facilitados tanto en web como na plataforma  de compra de entradas serán comunicados á Organización para a xestión do evento e  dos seus clientes. 

A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais previa  publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade da persoa usua ria a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización. Calquera reclama ción deberase acompañar, de xeito obligatorio, coa presentación da entrada.