Seleccionar página

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

QUE É O FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA

En 2018 regresa o Festival 17º Ribeira Sacra, unha das citas musicais máis singulares do calendario estival, que marida día e noite directos de bandas e artistas de pegada nacional e internacional, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra, un dos segredos mellor gardados da Galicia interior.

Do 27 de xullo ao 5 de agosto de 2018 volven a paisaxe, o sabor e a música a un encontro único, dividido en dúas fins de semana:
17º Paisaxe (do 27 ao 29 de xullo): experiencias musicais para sentir un territorio.
17º Patrimonio (do 3 ao 5 de agosto): directos exclusivos en espazos patrimoniais.

Moi pronto daranse a coñecer novos artistas confirmados nesta segunda edición e outras novidades dun programa que reunirá de novo concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e adegas, visitas guiadas, roteiros, cociña de autor, etc.

NON PERDAS OS DIRECTOS DE…

 

MÁIS ARTISTAS POR CONFIRMAR, PRÓXIMAMENTE...

Share This